© MATERFEM

 

 QUEN SOMOS

MATERFEM, Maternidades Feministas en Compostela, é unha asociación formada por mulleres nais de crianzas de idade diversa, desde bebés até adult@s, residentes ou vinculadas ao concello de Santiago de Compostela.

Comezamos no 2018 a reunirnos na Libraría Lila de Lilith para debater nun espazo non mixto, horizontal e aberto sobre a maternidade como feito social, económico e político (alén de íntimo), desde unha perspectiva feminista.

Despois dun ano de varias accións de visibilización dos coidados, atopámonos coa necesidade ir mái aló no activismo e por iso estamos traballando en varios proxectos que procuran visibilizar as violencias cotiás contra a maternidade, facilitar ás mulleres e as súas crianzas un espazo permanente de coidados e promover o debate na cidadanía sobre o lugar que ocupa a maternidade e os coidados na sociedade patriarcal, individualista e capitalista na que vivimos.

Mulleres e crianzas estamos lonxe de encaixar neste modelo produtivo, precisamos cambiar dunha vez o nos esgota e afoga con falsas promesas de conciliación.  

Porque maternar é político.

Porque queremos un mundo máis humano baseado no coidado e a sostibilidade en lugar de no consumo e na competencia. 

 

 

PROXECTOS

Son tempos difíciles.

As nosas vidas mudaron de súpeto dunha forma que nunca imaxinaramos.

O noso activismo tamén.

 

Adiamos a presentación do primeiro avance de resultados do Observatorio até despois do verán, pero non ficamos paradas...

Hai moito que facer!

Eis algunhas das cousas que estamos traballando (preme nas ligazóns para saber máis):

- Cuestionario sobre as experiencias de benestar e malestar do confinamento con crianzas.

- Proposta dunha das nosas compañeiras para organizar saídas das crianzas ao exterior. 

 

Súmaste? 

Captura de pantalla 2020-04-02 a las 23.
Captura de pantalla 2020-04-02 a las 23.
ESPAZO PERMANENTE
DE COIDADOS

 

Estamos construíndo un espazo autoxestionado e permanente de coidados en Compostela para que calquera muller poida atopar un lugar ao quente no cal descansar, cambiar o cueiro, xogar coas crianzas, dar a teta, ler un libro, tomar unha infu... sen ter que xustificarse, consumir ou pedir permiso.

OBSERVATORIO DAS VIOLENCIAS MACHISTAS QUE AFECTAN ÁS MULLERES NAIS E AS SÚAS CRIANZAS

Estamos levando a cabo un estudo sobre os tipos de violencias machistas que sufrimos as mulleres con crianzas na nosa vida cotiá, polo feito de ser mulleres e especificamente como mulleres nais. 

É un proxecto pioneiro e feito por mulleres nais para mulleres nais, sen organismos, ONGs nin empresas detrás.

Pedimos a túa colaboración xa que precisamos escoitar de primeira man as experiencias e voces das mulleres nais que padecestes e/ou padecedes violencias machistas.

XORNADAS SOBRE MATERNIDADES FEMINISTAS

 

A maternidade pode comezar como desexo moito antes do embarazo e non remata nunca, por iso moitos temas nos interesan, nos ocupan e preocupan. Queremos facer unhas xornadas nas que poidamos debater sobre o lugar dos coidados, a construción da masculinidade, a maternidade de adolescentes e adult@s, a falta de sinerxias coas familias nos espazos educativos, ...

 

"Despedíronme dúas veces. Unha ao comunicar o primeiro embarazo e outra o volver da baixa do segundo. As dúas na mesma empresa."

"Atáronme as mans mentres me facían as cesáreas, non deixaron que me acompañase o meu marido durante as operacións e despois de nacer meus fillos separáronme deles levándome a reanimación, a primeira vez durante máis de 3 horas."

"No Álvaro cunqueiro tiven q cambiar os coiros a miña filla nun alféizar da ventá porque non había cambiadores na zona de consultas de pediatría e unha muller montoume un pollo x facelo alí e chamoume porca."

"No Centro de saúde de Coia despois de ver que meu fillo viña acéfalo e que ía ter que abortar non tiven ningún apoio. Alí estiven, na sala de espera chea de felices embarazos, sen ningún agarimo, nin ofrecerme unha sala para estar chorando e despedíndome do meu fillo, no medio  dun montón de xente. "

"Nunha empresa na entrevista laboral chegaron a facerme asinar un compromiso de que non ía faltar ao traballo por ter crianzas."

"A baixa maternal é claramente insuficiente para atender as necesidades dunha crianza.

Estamos levando a cabo un estudo sobre os tipos de violencias machistas que sufrimos as mulleres con crianzas na nosa vida cotiá. É un proxecto pioneiro e feito por mulleres nais para mulleres nais, sen organismos, ONGs, nin empresas detrás.

 

Institucións públicas cheas de escaleiras, persoal sanitario que violenta os nosos partos, liñas de autobús que nos dificultan o acceso, imposibilidade de conciliar, vilas que non contan con espazos para a mocidade, Puntos de Encontro Familiar que vulneran dereitos de nais e crianzas, permisos de maternidade insuficientes, xulgados que ignoran as denuncias de abusos, impago das pensións para @s fill@s,...

Queremos identificar todas as violencias que enfrontamos de forma cotiá co obxectivo de elaborar un diagnóstico que amose por primeira vez datos concretos sobre a incidencia da violencia nas nosas vidas a partir do cal realizar accións de visibilización e denuncia e propostas para contribuír a unha cidade máis humana e amigábel.

Pedimos a túa colaboración, xa que precisamos escoitar de primeira man as experiencias e voces das mulleres nais que padecestes e/ou padecedes violencias machistas. Podes participar de dúas maneiras:

- Cubrindo o CUESTIONARIO do Observatorio, unha enquisa completa e anónima que che levará uns 15-20 minutos

- A través dunha FOTO que podes enviar ao noso correo: materfeministas@gmail.com, indicando que cedes os dereitos para a súa publicación no informe do Observatorio das violencias machistas cotiás que afectan ás mulleres nais e ás súas crianzas, realizado por MaterFEM.

- Denunciando un feito concreto na CAIXA DE DENUNCIAS, un formato máis rápido que podes cubrir as veces que desexes.

En todos os casos, garantimos a confidencialidade e privacidade dos datos. Moitas grazas!!!!

Por mor da crise sanitaria adiamos a presentación do Primeiro Informe do Observatorio ata novo aviso. Grazas pola vosa comprensión. 

ALGUNHAS FRASES RECOLLIDAS NO OBSERVATORIO
CAIXA DE DENUNCIAS
arrow&v
arrow&v
arrow&v
 

SÚMATE!

Xuntámonos o segundo sábado de cada mes ás 12h.

Podes contactar con nós a través do correo materfeministas@gmail.com ou a través deste formulario.

Trataremos de respostar axiña.

Agardámoste!

 

PRENSA

O Observatorio foi recollido nos medios:

nos logo.png
praza logo.png
galicia confidencial.png
Radio_Galega.png

Contidos para medios de comunicación:

observ1.jpg
This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now
PRESENTACIÓN