© MATERFEM

 

 QUEN SOMOS

MATERFEM, Maternidades Feministas en Compostela, é unha asociación formada por mulleres nais de crianzas de idade diversa, desde bebés até adult@s, residentes ou vinculadas ao concello de Santiago de Compostela.

Comezamos no 2018 a reunirnos na Libraría Lila de Lilith para debater nun espazo non mixto, horizontal e aberto sobre a maternidade como feito social, económico e político (alén de íntimo), desde unha perspectiva feminista.

Despois dun ano de varias accións de visibilización dos coidados, atopámonos coa necesidade ir mái aló no activismo e por iso estamos traballando en varios proxectos que procuran visibilizar as violencias cotiás contra a maternidade, facilitar ás mulleres e as súas crianzas un espazo permanente de coidados e promover o debate na cidadanía sobre o lugar que ocupa a maternidade e os coidados na sociedade patriarcal, individualista e capitalista na que vivimos.

Mulleres e crianzas estamos lonxe de encaixar neste modelo produtivo, precisamos cambiar dunha vez o nos esgota e afoga con falsas promesas de conciliación.  

Porque maternar é político.

Porque queremos un mundo máis humano baseado no coidado e a sostibilidade en lugar de no consumo e na competencia. 

 

 

PROXECTOS

ESPAZO PERMANENTE
DE COIDADOS

 

Estamos construíndo un espazo autoxestionado e permanente de coidados en Compostela para que calquera muller poida atopar un lugar ao quente no cal descansar, cambiar o cueiro, xogar coas crianzas, dar a teta, ler un libro, tomar unha infu... sen ter que xustificarse, consumir ou pedir permiso.

OBSERVATORIO DAS VIOLENCIAS MACHISTAS QUE AFECTAN ÁS MULLERES NAIS E AS SÚAS CRIANZAS

Estamos levando a cabo un estudo sobre os tipos de violencias machistas que sufrimos as mulleres con crianzas na nosa vida cotiá, polo feito de ser mulleres e especificamente como mulleres nais. 

É un proxecto pioneiro e feito por mulleres nais para mulleres nais, sen organismos, ONGs nin empresas detrás.

Pedimos a túa colaboración xa que precisamos escoitar de primeira man as experiencias e voces das mulleres nais que padecestes e/ou padecedes violencias machistas.

XORNADAS SOBRE MATERNIDADES FEMINISTAS

 

A maternidade pode comezar como desexo moito antes do embarazo e non remata nunca, por iso moitos temas nos interesan, nos ocupan e preocupan. Queremos facer unhas xornadas nas que poidamos debater sobre o lugar dos coidados, a construción da masculinidade, a maternidade de adolescentes e adult@s, a falta de sinerxias coas familias nos espazos educativos, ...

 
ALGUNHAS FRASES RECOLLIDAS NO OBSERVATORIO

"Despedíronme dúas veces. Unha ao comunicar o primeiro embarazo e outra o volver da baixa do segundo. As dúas na mesma empresa."

"Atáronme as mans mentres me facían as cesáreas, non deixaron que me acompañase o meu marido durante as operacións e despois de nacer meus fillos separáronme deles levándome a reanimación, a primeira vez durante máis de 3 horas."

"No Álvaro cunqueiro tiven q cambiar os coiros a miña filla nun alféizar da ventá porque non había cambiadores na zona de consultas de pediatría e unha muller montoume un pollo x facelo alí e chamoume porca."

"No Centro de saúde de Coia despois de ver que meu fillo viña acéfalo e que ía ter que abortar non tiven ningún apoio. Alí estiven, na sala de espera chea de felices embarazos, sen ningún agarimo, nin ofrecerme unha sala para estar chorando e despedíndome do meu fillo, no medio  dun montón de xente. "

"Nunha empresa na entrevista laboral chegaron a facerme asinar un compromiso de que non ía faltar ao traballo por ter crianzas."

"A baixa maternal é claramente insuficiente para atender as necesidades dunha crianza.

Estamos levando a cabo un estudo sobre os tipos de violencias machistas que sufrimos as mulleres con crianzas na nosa vida cotiá, polo feito de ser mulleres e especificamente como mulleres nais. É un proxecto pioneiro e feito por mulleres nais para mulleres nais, sen organismos, ONGs, nin empresas detrás.

 

As institucións públicas cheas de escaleiras, @s médic@s que violentan os nosos partos, as liñas de autobús que nos dificultan o acceso, a imposibilidade de conciliar, as vilas que non contan con espazos para a mocidade, os Puntos de Encontro Familiar que vulneran os nosos dereitos e os das nosas crianzas, os permisos de maternidade insuficientes, os xulgados que ignoran as denuncias de abusos, a tolerancia no impago das pensións para @s nos@s fill@s,...

Queremos identificar todas as violencias que enfrontamos de forma cotiá (as encubertas, as discriminacións sutís e as constitutivas de delito) co obxectivo de elaborar un diagnóstico que amose por primeira vez datos concretos sobre a incidencia da violencia nas nosas vidas e na nosa realidade de mulleres con crianzas a partir do cal presentar ás institucións propostas de solución adecuadas, así como realizar accións de visibilización e denuncia para facer valer os nosos dereitos e contribuír a unha cidade máis humana e amigábel.

Por iso pedimos a túa colaboración, xa que precisamos escoitar de primeira man as experiencias e voces das mulleres nais que padecestes e/ou padecedes violencias machistas.

O formulario é anónimo e garantimos a confidencialidade e privacidade dos datos. Cubrir o formulario levarache uns 10-20 minutos.

Pechamos temporalmente a admisión de respostas ao Observatorio para analizar os datos recollidos.

A finais de marzo presentaremos os resultados desta primeira fase.

Moitas grazas a todas pola vosa participación.

Reabriremos o Observatorio para continuar con novas recollas en breve.

 

SÚMATE!

Xuntámonos o segundo sábado de cada mes ás 12h.

Podes contactar con nós a través do correo materfeministas@gmail.com ou a través deste formulario.

Trataremos de respostar axiña.

Agardámoste!

 

PRENSA

O Observatorio foi recollido nos medios:

nos logo.png
praza logo.png
galicia confidencial.png
Radio_Galega.png

Contidos para medios de comunicación:

observ1.jpg
This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now